A xunta local aproba 22 novas ampliacións de vales de compra no plan de alimentación infantil
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe, a proposta da concellería de Servizos Sociais, que dirixe Elena Suárez, vintedúas novas solicitudes de ampliación dos vales de compra dentro do plan de alimentación infantil. Dos 42 aprobados no que vai do mes de xullo, 15 pertencen a unidades familiares monoparentales. Ata agora se aprobaron 9 vales de 30 euros; 11 de 50; 13 de 60; e 9 de 75 euros. Como se sabe, durante o verán a contía destes vales ampliouse nun 60%.
Esta actuación súmase as distintas iniciativas que o Concello mantén en colaboración con ONGs da cidade para tentar de atender correctamente as familias con dificultades económicas; unha actuación que se realiza ao cabo do ano, pero que no período estival, cando non funcionan os comedores escolares, vése reforzada co incremento dos vales de compra que se xestionan a través de varios supermercados da cidade.











