A Xunta de Goberno Local aproba os orzamentos do Concello de Ourense para 2014

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou inicialmente na súa xuntanza desta mañá os orzamentos do Concello para o presente ano 2014.

O orzamento apróbase en Xunta de Goberno Local en aplicación do previsto na Lei 27/2013, de 27 de decembro, de Racionalización e sostenibilidade da Administración Local, aprobada polo Goberno central que, na súa disposición adicional número 16, contempla a posibilidade de que excepcionalmente, cando o Pleno da Corporación non alcanzara nunha primeira votación a maioría precisa para a adopción de acordos, a Xunta de Goberno Local terá competencia para aprobar os orzamentos municipais do ano seguinte se previamente existira un orzamento prorrogado.

Este é o caso de Ourense onde se dan estas circunstancias, como constatan os informes: oramento de 2012 aprobado e liquidado, orzamento de 20143 prorrogado, e onde, o orzamento para 2014 foi sometido a aprobación por parte do Pleno na súa sesión do pasado martes, 15 de xullo, sendo rexeitado o documento.

O orzamento foi aprobado esta mañá pola Xunta de Goberno Local, cos informes favorables da Oficialía Maior e a Secretaría Xeral do Pleno.

O informe de Oficialía Maior conclúe que é “axustado a dereito a aprobación inicial e os trámites sucesivos ata a súa aprobación definitiva pola Xunta de Goberno Local o orzamento de 2014”.

Tamén é favorable o informe da Secretaría Xeral do Pleno, á vista do previsto na disposición adicional da Lei 27/2013, así como das conclusións da análise desta normativa realizadas pola Dirección Xeral dos Servizos Xurídicos e Coordinación territorial da Federación Española de Municipios e Provincias como das consultas formuladas por diferentes concellos á Subdirección Xeral de Estudios e Financiación das Entidades locais da Secretaría Xeral de Coordinación Autonómica e Local do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.

O documento aprobado esta mañá será agora sometido a información pública antes da súa aprobación definitiva.

21 de xullo de 2014 | 18:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.