publicidade hoxe

A Xunta dará a coñecer coa visista da carpa Xplora a Neda os programas para a mocidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNedaXuventude
A-
A+

A praza do Concello de Neda acollerá este sábado, 19 de xullo, a carpa do programa Xplora Xuventude. Esta campaña informativa dará a coñecer, entre as cinco e as sete do serán, os diferentes plans da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado para a mocidade da vila. Entre estes, Iniciativa Xove e Erasmus +, voluntariado xuvenil e ambiental, campaña Libre, Galeuropa, o servizo Quérote+ ou Carné Xove, entre outros.

15 de xullo de 2014 | 11:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.