publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta comeza as obras de reparación en 32 vivendas de promoción pública das Pontes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAs PontesLocal Portada
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo, iniciou hoxe os traballos de reparación das vivendas de promoción pública do Concello das Pontes. Trátase dun bloque de 32 aloxamentos piloto, emprazados nun edificio da rúa Sergio Rivera Chao, composto por soto, andar baixo e catro plantas.

As obras, que terán unha duración dun mes, contan cun orzamento de 45.000 euros e consistirán na eliminación das humidades detectadas nas fachadas exteriores e nalgún dos pisos, así como o arranxo dos danos ocasionados por estas deficiencias.

O IGVS adxudicou estas vivendas en réxime de alugueiro a menores de 35 anos e maiores de 60. O bloque conta con 24 vivendas dun dormitorio, cunha superficie de 43 metros cadrados, e outras oito de dous dormitorios de 54 metros cadrados.

Todas as vivendas contan con cociña, estar-comedor, tendedeira, baños, unha praza de garaxe e un rocho. Ademais, o andar baixo destinouse a un centro de día para persoas maiores e ao portal de acceso ás plantas altas e zonas comúns.

28 de xullo de 2014 | 18:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.