A XII Regata CNP – X Trofeo Casino La Toja sae a escena este próximo fin de semana
A tradicional Regata Club Náutico de Portonovo que cumpre a súa 12ª edición será novamente e por 10º ano consecutivo, o prestixioso Trofeo Casino La Toja como patrocinador da mesma, gran indicativo da confianza e fidelidade que estes últimos teñen nesta entidade náutica.
A XII Regata CNP (Club Náutico Portonovo) – X Trofeo Casino La Toja celebrarase a partir deste sábado día 19 na ría de Pontevedra con saída fronte ao porto deportivo do Club Náutico de Portonovo a partir das 13:30 horas e vén ser nos últimos anos o pistoletazo de saída das tradicionais regatas estivais de cruceiros na Ría de Pontevedra.
Nesa primeira xornada sabatina, se o tempo o permite, a intención sería realizar para os ORC Regata e Cruceiro/Regata un percorrido costeiro rodeando polo exterior as illas de Ons e Onza, mentres que para os ORC Cruceiro e Veteranos JCH farían un percorrido un pouco máis curto polos faros da zona.
E o domingo día 20 a partir das 13.00 horas novamente un percorrido costeiro pero esta vez facendo os primeiros a ruta dos faros e os segundos a ruta das Balizas que é un pouco máis curto, estando prevista a entrega de premios no club portonovés sobre as 18:00 horas.
O ritmo de inscricións até o momento, indica que se alcanzará unha cifra moi próxima ás 30 embarcacións, posto que a categorìa de Veteranos (barcos máis antigos de 30 anos) que está a promover o Club Nautico de Portonovo nesta regata para animar a saír a estas embarcacións que nos seus tempos tiveron a súa capacidade competitiva pero actualmente cos modernos xa non, creou gran espectación para moitos co fin de lembrar vellos tempos competindo entre eles mesmos como outrora.
Destacar que a inscrición unha vez máis é gratuíta, o cal se agradece nestes tempos.











