publicidade hoxe

A vila de Neda celebra o XVII Festival da Canción Mariñeira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O alcalde, Ignacio Cabezón Lorenzo, asistirá este sábado, 5 de xullo, á XVII edición do seu Festival da Canción Mariñeira, organizado pola Agrupación Artística Lucero del Alba coa colaboración do Concello de Neda e da Deputación Provincial da Coruña. Arrancará ás 20 horas nas instalacións do colexio público San Isidro da localidade, onde se ubicará a carpa na que se desenvolverán as diferentes actuacións musicais. A xornalista e presentadora de televisión Raquel Rodríguez será a encargada de conducir a gala e dar paso as actuacións da Banda de Gaitas Álvaro Cunqueiro (Lago), da Rondalla e Coral Polifónica O Castro (Miño) e da propia Agrupación Artística Lucero del Alba, que presentará o seu novo CD “Con todo el corazón”. Tras a música, o público asistente poderá degustar unha mexilonada popular coa ambientación musical de Chevalier. Dende o Concello faise unha invitación a toda a veciñanza de Neda e da comarca para que asistan á real vila e disfruten dun certame que, ano tras ano, congrega a centos de persoas amantes da boa música.

4 de xullo de 2014 | 11:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.