A VI Festa da Palabra no Carballiño conmemora o 35º aniversario do pasamento de Blanco Amor

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaO CarballiñoOurense
A-
A+
Festa da Palabra

Festa da Palabra

Na Insua dos Poetas -na Esgueva, Madarnás (O Carballiño)- tivo lugar hoxe a celebración da VI edición da “Festa da Palabra”, dedicada este ano a Eduardo Blanco Amor no 35º cabodano do seu pasamento. O acto, organizado pola Deputación de Ourense e a Fundación Insua dos Poetas, contou coa presenza do presidente provincial, Manuel Baltar; o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez; o presidente da Fundación Insua dos Poetas, Luis González Tosar; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín González; e o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, acompañados de persoeiros dos ámbitos institucional, social e cultural de Galicia.

No decurso do acto inaugurouse unha nova escultura nesta contorna. Trátase da obra dos artistas ourensáns Acisclo Manzano e Acisclo Novo, alegórica da obra do escritor Eduardo Blanco Amor. Asemade, deuse lectura a acta de concesión dos premios Setecarballas, que cada ano outorga a Fundación Insua dos Poetas, galardóns que este ano correspondéronlle á Fundación Curros Enríquez de Celanova polo seu labor na difusión e promoción da vida e obra de Manuel Curros Enríquez, así como doutros escritores relacionados coa vila celanovesa; a Nicolás González Aller, artista plástico; á cooperativa de profesores Equal, polo seu interese na educación ambiental dende Coles; á Asociación Terzo da Fala de Bos Aires, integrada por xóvenes descendentes de galegos; á Cooperativa do Ribeiro, polo seu compromiso empresarial; á Asociación de Discapacitados Físicos do Carballiño, polo seu compromiso cos que sofren discapacidades, e ao xornal La Región, polos seus máis de cen anos en defensa dos intereses dos ourensáns.

12 de xullo de 2014 | 19:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.