A Torre da Homenaxe poderá visitarse de martes a domingo nos meses de xullo e agosto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

Dende o día primeiro de xullo e ata o día 31 de agosto, a Torre da Homenaxe poderá visitarse tódolos días da semana, agás os luns, en horario matinal e vespertino.

O horario de visita, de martes a domingo, é de 11:00 a 14:00 horas pola mañá e de 17:00 a 20:00 horas pola tarde. O prezo da entrada para acceder a este monumento é de 1,55 euros por persoa, realizándose descontos para grupos con máis de 20 integrantes.

Ademais de coñecer o propio edificio histórico, na Torre da Homenaxe pódese ver unha exposición permanente que nos adentra no mundo medieval e nos achega á vida destes séculos.

A exposición fai un percorrido pola Idade Media, os seus costumes, estamentos sociais, procesos históricos e protagonistas, nun tempo no que Monforte de Lemos ocupou un papel de enorme relevancia na historia de Galicia.

Nos paneis nos que se explica a historia medieval de Monforte e Galicia, tamén poden verse reproducidos documentos de gran valor para Monforte, como o Privilexio del Rey Alfonso XI no que se lle concede Monforte a Don Pedro Fernández de Castro, ou o nomenamento dun alcalde no século XIV por Fernán Ruíz de Castro.

Dende a delegación de turismo estímase que a visita á Torre da Homenaxe realízase nun tempo aproximado de entre 20 e 30 minutos, polo que se recomenda iniciar a mesma media hora antes do horario de peche.

1 de xullo de 2014 | 11:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.