A tapa ‘Mar e Terra’ da Cafetería As Cuncas gaña a I Edición de Destápate por Marín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+

Tralo reconto de todos os votos depositados, nas urnas habilitadas nos dezaseis locais de hostelería participantes nesta I Edición de Destápate por Marín, a tapa “Mar e Terra” que preparou a Cafetería “As Cuncas” foi a que obtivo un maior número de votos, concretamente 1085, polo que se convirte na tapa gañadora desta I Edición de Destápate por Marín. Calamar con cebola caramelizada, pataca panadeira e langostino ao albariño, foi a receita que lle serviu ás Cuncas para gañar esta primeira edición. A tapa “Contra Vento e Marea” da Cafetería Alameda quedou en 2ª posición con 659 votos e a tapa “Cesta de parmesano con setas, gulas, ovos de codorniz e un aire de cítricos” da Cafetería Aroma con 645 votos obtivo a 3ª posición.

Comentarvos que nesta primeira edición de “Destápate por Marín”, servíronse un total de 1515 tapas. A entrega das diferentes distincións aos gañadores efectuarase o vindeiro luns día 7 ás 13 horas na sede social de Estrela de Marín. Por último, recordarvos que a entrega de premios aos consumidores agraciados no sorteo efectuado onte, celebrarase este venres día 4 ás 13 horas na sede social e dende Estrela de Marín, queremos felicitar aos hosteleiros participantes pola calidade das súas tapas como ben queda reflexado no voto medio dos clientes que as degustaron que foi dun 4,.2 sobre 5 e agradecer a colaboración de Estrella de Galicia, de ePocket Guide e de “La Caixa” que patrocinan os diversos premios que entregaremos.

2 de xullo de 2014 | 19:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.