A Sociedade Ximnástica de Pontevedra acode ao nacional xuvenil cargada de ilusións

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+

A categoría xuvenil do atletismo nacional ten a súa particular festa atlética o próximo fin de semana en Valladolid, onde se celebra o Campionato de España da categoría.

A Sociedade Ximnástica estará moi ben representada na capital castelá coa presenza de catro dos seus atletas.

O primeiro en entrar en liza será Darío Costas ao once da mañá, coas eliminatorias dos 100 metros. O pupilo de Santi Ferrer, foi medalla o pasado inverno no nacional de probas combinadas da categoría. Problemas físicos impedíronlle prepararse adecuadamente para a cita valisoletana, dita especialidade. No hectómetro vén de bater a marca galega xuvenil con 10.98, que o colocan o quinto do ranking; e pode achegalo á final das sete e media da tarde.

Darío tamén estará no salto de altura na xornada de tarde do domingo ás cinco e cuarto; se consegue chegar aos 1,95 que saltou este inverno, pode estar na pelexa polas medallas.

Alfonso Pérez lembrará moito a medalla que conseguiu o ano pasado nos 400 metros, ademais con record de Galicia con 49.48. Este ano xa correu en 49.60, que o colocan o terceiro do ranking, os dous mellores están por baixo de 49 segundos. O sábado ás sete da tarde compite nas semifinais e o domingo ás 17:25 horas celébrase a final.

Jorge Puig decidiu baixar de distancia. O pupilo de Pablo Díaz despois de participar nos 1.500 metros, nas súas actuacións nos nacionais xuvenís; na súa despedida da categoría farao nos 800 metros. Ás oito menos dez da tarde do sábado correrá unhas semifinais, como sempre moi complicadas, hai 8 atletas que teñen mellor marca que el, pero sempre soubo correr nestas circunstancias polo que apostamos a que o domingo ás seis da tarde estea na final.

A participación da Ximnástica será pechada por Elvira Okutu, o domingo ás seis e media da tarde no salto de lonxitude. Non saltou este verán tan lonxe como o inverno pasado cando chegou aos 5,48; esperemos que non lle reste confianza para tentar pelexar por un posto entre os oito mellores do concurso.

17 de xullo de 2014 | 11:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.