A Shopping Night do comercio de Redondela será moito máis que unha noite de compras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRedondela
A-
A+

Esta é unha nova experiencia para gozar e descubrir o pequeno comercio e de toda a oferta de ocio e servizos de ofrece o Centro Comercial Aberto da Vila de Redondela. Ademais dun completo programa de actividades que os clientes e visitantes en xeral se poderán encontrar por cada rúa do centro urbano, cada tenda ten preparadas sorpresas e descontos para os que se acheguen a visitalas.

Dende as 21:00h do venres 1 de agosto ata a 1:00h os comercios ofrecerán descontos especiais, presentarán nova colección, ofrecerán cocteis aos clientes, actuacións musicais, photocall e moitas outras sorpresas.

Case medio centenar de establecementos se sumarán a esta iniciativa promovida e organizada pola Asociación de Empresarios de Redondela e o Concello de Redondela e que conta coa Colaboración da Xunta de Galicia.

31 de xullo de 2014 | 18:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.