A selección galega infantil feminina de balonmán álzase coa prata no Torneo Nacional de Autonomías de Cangas de Narcea

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+

A selección galega infantil feminina ocupou a segunda posición do Torneo Nacional de Autonomías, que se disputou esta semana en Cangas de Narcea (Asturias). O equipo galego so perdeu un partido en todo o campionato e foi o de hoxe, a final contra Madrid (20-26). Gran traballo do equipo galego, que fixo un torneo case perfecto. Pola súa parte, o combinado masculino, rematou na cuarta posición tras perder hoxe contra Canarias (22-20) na loita polo terceiro posto.

Infantil feminino: Galicia, 20 – Madrid, 26.

A selección galega lograra un cómodo triunfo na fase de grupos contra Madrid, pero o certo foi que o conxunto da capital do Estado fora o que máis encomodara a Galicia durante o torneo, sobre todo pola súa boa defensa. E hoxe, as madrileñas tiveron o partido a favor dende o principio. Galicia non soubo vencer a súa dura defensa 3-3 e certos fallos en defensa fixeron que as madrileñas se distanciasen no marcador. Ao descanso, mínima vantaxe para as madrileñas (12-13). Na segunda metade, a tónica foi semellante e Madrid aínda logrou aumentar as distancias para lograr un triunfo cómodo (20-26).

Goleadoras: Andrea Fernández (7), Sandra Blanco (4), Celia Pedreira (2), Sandra Sánchez (6), Ruth Sánchez (1).

Infantil masculino: Galicia, 20 – Canarias, 22 (descanso, 13-10).

Partido de intensidade por parte dos dous equipos con pequenas vantaxes para o equipo galego na primeira parte. Na segunda metade, varias perdas de balón do equipo galego e unhas boas intervencións do porteiro canario ergueron a Canarias cara á vitoria final. Cuarta posición para o conxunto galego.

Goleadores: Gonzalo (2), Xurxo (1), Roi (9), Brais (7), Andrés (1).

13 de xullo de 2014 | 19:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.