A rexedora de Marín recibe aos xadrecistas locais que participarán no Campionato de España

Recepción aos xadrecistas locais
A alcaldesa de Marín recibiu no Concello aos xadrecistas locais que participarán no Campionato de España en Salobreña, Granada.
Paula Álvarez. 12 anos.Subcampiona galega sub12. Elixida pola federacion galega para recibir un curso de tecnificacion como mellores xogadores de Galicia na súa categoria. 3ª no Torneo de Cangas. Participará no Campionato de España sub 12, que terá lugar do 7 ao 12 de xullo.
Bernardo Rebollo Montes.13 anos. 11 de Galicia sub14. Campión torneo Arteixo, 4º en Vilagarcía, 3º en Nigrán, 3º en Ourense. Mellor xogador da categoría sub14 no torneo internacional Sanxenxo. Entre as varias promesas do xadrez marinense é o que presenta a maior proxección cara á maestría en xadrez e poder chegar a ser nun futuro un profesional deste deporte. Participará no Campionato de España sub14 do 13 ao 19 de xullo.











