A reserva de biosfera amplía o prazo do concurso de ideas para o seu logotipo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A reserva da biosfera quere involucrar aos nenos na procura da súa imaxe. As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo amplía o prazo do concurso de ideas para a creación do logotipo e tamén do lema da reserva.

O 30 de outubro de 2014 será a data límite para a recepción de propostas no concurso. Desta forma, o calendario do concurso adáptase ao escolar e abarcará así o primeiro mes e medio de clase.

Isto servirá para difundilo entre os nenos, tratando de implicalos con actividades in situ. A reserva de biosfera tratará de visitar en setembro o máximo de centros escolares do territorio.

As Mariñas Coruñesas avanza ademais que a imaxe valerá para a marca de calidade da reserva que no futuro identificará as producións aquí xeradas. O presidente da reserva de biosfera, José Antonio Santiso, fixa na educación ambiental una das principais finalidades das Mariñas Coruñesas. E para iso “hai que implicar aos máis pequenos”, apunta.

A participación está aberta a calquera persoa física, con independencia do seu lugar de residencia. O deseño deberá ser creativo e inédito, non podendo ser presentado a calquera outro concurso. O logotipo irá acompañado dunha breve explicación sobre a idea que se quere representar.

Para participar na iniciativa é necesario remitir a proposta ao correo electrónico concursologoreserva@gmail.com, indicando os datos persoais do participante. Cada persoa poderá concorrer co máximo de tres deseños.

Os criterios de valoración serán tres: a identificación da proposta cos valores que representa a reserva da biosfera; a orixinalidade e creatividade; e a fácil adaptación aos diferentes soportes de difusión das Mariñas Coruñesas. O xurado estará composto por diferentes membros do Comité Executivo e do Comité Científico da reserva.

O consideradas tres mellores propostas recibirán un premio, consistente nun computador portátil ou tablet, obtidos grazas á colaboración da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos (ACEBE).

1 de xullo de 2014 | 17:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.