A reordenación do tráfico autoriza a dobre dirección até o mercado de Ponte Sampaio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A recente reordenación do tráfico na Xunqueira de Ponte Sampaio, que se puxo en marcha a primeiros de mes, ten dende hoxe unha pequena variación.

A petición dos residentes a carón do mercado de Ponte Sampaio, a Policía Local e a Concellaría do Rural acordaron autorizar o dobre sentido até o mercado, incluído.

A dirección única neste punto causaba importantes trastornos a estes veciños, e incluso ao mercado, xa que tiñan moitas dificultades para poder maniobrar na zona

24 de xullo de 2014 | 19:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.