A proposta dunha veciña da Ramallosa gaña a oitava edición do concurso de carteis Nigrán Jazz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNigrán
A-
A+

cartel-nigran-jazzA oitava edición do festival Nigrán Jazz xa ten cartel. Nun dos concursos máis rifados e con maior participación dos últimos anos, coa presentación de máis de 70 propostas de cartelaría, a gañadora resultou ser Ana María García Pascual, residente en Barcelona pero veciña de A Ramallosa.

A súa alternativa de cartel será a imaxe desta edición do festival de jazz dedicado a Quin Alborés, que terá lugar o venres 9 de agosto a partir das 21.00 horas no escenario do estuario da Foz, en A Ramallosa. O cartel musical deste ano compono Telmo Fernández Organ Trío feat Phil Wilkinson e Maarten Hogenhius Trío, aos que se suma Wilfried Wilde Trío coa tradicional jam sesión en O Cafeciño, a partir das 00.30 horas.

18 de xullo de 2014 | 11:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.