A praia da Magdalena será escenario do I Súper Acuatlón Vila de Cedeira
Despois de que a organización anunciase a cancelación do I Winnerman, con punto de partida previsto en Cedeira para este domingo, o Club Natación Cedeira-Muebles García decidiu celebrar nesa mesma data a primeira edición do Súper Acuatlón Vila de Cedeira. Unha competición que combinará natación e carreira e na que poderán participar nenos e maiores, sen limitacións de idade. O Concello, a través da Concellería de Deportes, patrocina a proba, que tamén conta coa colaboración de Cruz Vermella e a Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil e doutras firmas comerciais como Coca Cola, Gadis e Villasuso Contrucciones. O I Súper Acuatlón disputaráse este domingo, 27 de xullo, no entorno da praia da Magdalena.
A inscripción permanecerá aberta ata esa xornada no enderezo electrónico cnatacioncedeira@gmail.com e a cuota será de oito euros na categoría absoluta e tres nas restantes (a abonar no momento da retirada de dorsais, na zona de San Isidro e ata as 15,45 horas do domingo). A competición está estructurada en catro categorías: promesas (con hora de inicio ás 16 e cunhas distancias a cubrir de 150 metros natación+500 metros carreira+150 metros natación); benxamín (partirán ás 16,20 h, 250 m+500+250); alevín (ás 16,50 h, 500+1000+500) e absoluta (ás 17,40 h, 1000+5000+1000). Así mesmo, o Club Natación Cedeira-Muebles García sinala que haberá trofeos para os tres primeiros clasificados por categoría e sexo e un premio en metálico de 150 euros para os campións absolutos en categoría feminina e masculina. Premios que se entregarán nun acto que comezará ás 19,30 horas no parque do Sagrado Corazón.











