A Policía Local de Cambre adquire dous novos vehículos patrulla

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+
Novos vehículos da Policía Local de Cambre

Novos vehículos da Policía Local de Cambre

O alcalde de Cambre, Manuel Rivas, e o responsable en funcións da Policía Local, José Antonio Amigo, presentaron hoxe, en Concello, os dous novos vehículos patrullas para a Policía Local adquiridos a través dunha operación de arrendamento (renting). Trátase de dous vehículos SEAT Altea que complementan así o parque actual dos axentes locais, que actualmente contan con 7 vehículos e dúas motos patrulla.

Segundo o alcalde, esta adquisición demostra a aposta decidida do seu executivo pola seguridade cidadá, con investimentos necesarios que redundan na mellora do servizo da Policía Local dotándoa de medios para realizar o seu traballo nas mellores condicións. A obtención destes dous patrulleiros supuxo un investimento aproximado de 40.800 euros (4 anos), levada a cabo cunha operación de renting a catro anos.

Nos orzamentos para o exercicio 2014 inclúese a dotación económica necesaria para a renovación do parque de vehículos para os axentes e é que a medida era, segundo os axentes, urxente debido á antigüidade e ao estado de dous dos que daban servizo actualmente.

11 de xullo de 2014 | 19:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.