A parroquia de Santa Marta celebra as súas festas grandes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

Santa Marta, parroquia de Mos, celebrará as súas grandes festas os vindeiros días 2 e 3 de agosto.

O sábado 2 de agosto actuarán a Orquestra Jerusalén e as Cantareiras de Ardebullo. E o domingo contarase con actos tanto pola mañá como pola tarde: en horario matinal haberá concerto da Banda de Música de Salvaterra e actuación do Grupo de Baile Follas Novas de Guizán; e ó serán actuará o Grupo Son D’Vigo.

En canto ós actos relixiosos, a Novena deu comezo onte, 23 de xullo, ás 21.00 horas; e o día 3 de agosto oficiarase unha Misa Solemne cantada pola Coral o Son dos Cantares, seguida de procesión.

24 de xullo de 2014 | 19:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.