publicidade hoxe

A ludoteca de Ponte Caldelas inicia a tempada de verán con 80 prazas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+

A Ludoteca Municipal de Ponte Caldelas amplía o seu horario en xornada de verán desde o 1 de xullo ao 22 de agosto para favorecer a incorporación de nenos e nenas de 3 a 11 anos ás súas actividades de lecer e aprendizaxe que terán ás rutas de sendeirismo, o taller de música, xogos de exterior, a celebración do entroido de verán, talleres de cociña, animación á lectura, día do patinete e o uso do inglés como protagonistas.

Para favorecer a participación dos nenos nesta ludoteca de verán establecéronse dúas quendas de actividades: Un de mañá, con horario de 10:30 h. a 14 horas e outro de tarde, de 16:30 h. a 20 horas.

ACTIVIDADES AO AIRE LIBRE EN CONTACTO COA NATUREZA

Entre as actividades que se desenvolverán durante os meses de xullo e agosto na Ludoteca Municipal rutas de sendeirismo e saídas aos arredores, realización de instrumentos musicais con material reciclado, taller de música, yincanas e xogos en inglés, xogos de exterior, celebración do entroido de verán, talleres de cociña, animación á lectura, manualidades de verán e día do patinete.

CONCILIAR A VIDA LABORAL E FAMILIAR, TAMÉN NO VERÁN

Un dos obxectivos do Concello de Ponte Caldelas co fomento de actividades estivais na Ludoteca Municipal vai orientado a favorecer a compatibilidade entre a vida laboral e a familiar. O feito de que finalice o curso escolar non impide que se poidan desenvolver actividades lúdicas e formativas para os máis pequenos á vez que son atendidos nun centro público con garantías mentres os seus pais están aínda en horario laboral.

A intención do Concello de Ponte Caldelas é que a Ludoteca Municipal funcione na práctica como un campamento urbano onde as actividades, a convivencia, a socialización e a aprendizaxe pola vía do xogo sexan os instrumentos que favorezan un maior e mellor desenvolvemento persoal e individual dos nenos e nenas que asisten a esta iniciativa.

De todos os xeitos, coincidindo coa volta a un novo curso escolar, a Ludoteca Municipal manterá o seu habitual horario de tarde, a partir do 8 de setembro, compatible co do colexio, co fin de seguir atendendo aos 40 nenos e nenas que teñen praza neste centro de apoio. Cando se renove o curso, os usuarios da Ludoteca manteñen o seu reserva de praza e abriranse a novas incorporacións, por rigorosa orde de lista de espera, a aqueles nenos que queiran cubrir as posibles baixas que se puidesen producir.

A Ludoteca Municipal de Ponte Caldelas, creada fai 9 anos e que desde fai 6 está situada na Praza Frai Antonio Orge conta cunhas modernas e funcionais instalacións onde os nenos e nenas poden desenvolver de maneira harmónica todas as súas capacidades físicas e intelectuais co apoio de profesores e monitores que dispoñen da cualificación e titulación precisa para iso.

1 de xullo de 2014 | 18:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.