A Illa de Cortegada contará cun obradoiro de teatralización os días 12 e 13 de xullo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, colabora na organización na Illa de Cortegada dun obradoiro de teatralización nos espazos naturais durante os días 12 e 13 deste mes de xullo. Este obradoiro está dirixido o público en xeral, con interese gozar da natureza e do teatro, aínda estando dimensionada para un grupo de 20-25 participantes.

O obxectivo principal deste encontro é facer entender aos participantes o respecto pola natureza e desenvolver ao máximo a capacidade expresiva do narrador para poder lograr unha comunicación máis rica, e fluída tendo en conta o medio natural no que se desenvolve dita narración. Así mesmo, tamén se pretende desenvolver o gusto estético, literario, a capacidade de atención; favorecer a aprendizaxe sobre o medio físico e socia e a adquisición persoal da linguaxe; estimular a fantasía e desenvolver a comprensión oral e a dimensión relacional. Ademais, de mellorar a postura corporal; o contacto visual e a expresión facial.

Na primeira xornada, 12 de xullo, os participantes sairán cara a Illa de Cortegada, ás 10.30 horas, dende o peirao de Carril ata a Illa. Alí, celebraranse as distintas actividades durante dous días. Os interesados no custe das actividades ou elementos que teñen que levarse poden consultar isto e outras características na páxina http://corticata.com/index.php/inicio e preguntando no e-mail info@corticata.com.

Expresión, comunicación e natureza

Cada participante terá un informe individualizado sobre que aspectos debe perfeccionar e traballarase cunha selección de contos propostos tamén cos textos que os participantes aporten para traballar (producións propias, contos favoritos, poemas, anécdotas familiares, fragmentos de novelas).

Como peche, os participantes prepararan unha unha ruta teatralizada no contorno da Illa de Cortegada, respectando e avaliando os lugares que os mesmos participantes propoñan.

No marco deste obradoiro buscarase que os alumnos atopen a súa propia voz e compartir historias, ademais de experimentar o corpo e os diferentes espazos.

Por último, realizarase un sistema de avaliación final baseada en dous aspectos: a observación directa e a avaliación personalizada do participante: Realizarase mediante xogos o final de cada actividade para ter a súa opinión sobre os obxectivos transmitidos, metodoloxía empregada, resultado da actividade, entre outros.

9 de xullo de 2014 | 12:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.