A galega Prosem colabora no plan de innovación para a peme do goberno de Extremadura

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exteriorLalínLocal Portada
A-
A+

A galega Prosem é unha das consultorías homologadas polo Goberno de Estremadura para formar, capacitar e asesorar en innovación a pemes estremeñas dentro do Plan de Innovación para a Peme 2014. A Consellería de Economía, Competitividade e Innovación do goberno estremeño, a través de Estremadura Avante, desenrola este plan cofinanciado co Fondo Social Europeo.

Prosem xa colaborou o pasado añocon Estremadura Avante, prestando servizos de asesoramento a pemes en áreas de innovación, mellora do modelo de negocio e novos produtos. O seu traballo levoulle a obter unha valoración media de 89 sobre 100 por parte das empresas participantes e a felicitación do Goberno de Estremadura.

O lalinense José Antonio López Alvarellos, director de Prosem, desprazouse a Mérida para a firma do contrato desta nova colaboración. López Alvarellos valora moi positivamente este programa que permite que as pemes poidan acceder a servizos de consultoría especializada e innovación tecnológicaque necesitan pero non poden custearse.

Coa firma deste contrato Prosem sitúase de novo nunha área de mercado onde antes só traballaban as grandes empresas.

Bonos e Vales Tecnolóxicos

O obxectivo do programa é impulsar formas innovadoras de organización do traballo e apoiar a posta en marcha de proxectos e accións innovadoras en microempresas e pemes. Para iso se lles facilitan uns ‘Bonos de Innovación e Vales Tecnolóxicos’que posteriormente canxean por servizos de formación, capacitación e consultoría estratéxica ou de innovación tecnolóxica de rápida execución.

Estremadura Avante en colaboración coas consultoras homologadas, como a galega Prosem, que dedicará estes labores a un equipo de profesionais especializados en consultoría en innovación, para facilitar o acceso a formación, capacitación e asesoramento ás diferentes pemes participantes no Programa de Bonos de Innovación e Vales Tecnolóxicos.

Prosem é unha empresa dedicada a prestar servizos profesionais a outras empresas, agrupacións empresariais e organizacións públicas e privadas. Entre as súas actividades empresariais están a realización de consultorías, asistencias técnicas, xestión de calidade, I+D+i, deseño de estratexias de Responsabilidade Social Empresarial, xestión de identidade corporativa…

10 de xullo de 2014 | 20:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.