A gala “SóLODOS EN DANZA” reunirá no Auditorio de Ourense a artistas internacionais de gran traxectoria
Un evento único polas súas características reunirá en Ourense artistas internacionais de gran traxectoria, nun espectáculo que será representado esta semana en dous espazos da cidade. Trátase da gala internacional “SóLODOS EN DANZA”, dirixido polos artistas Maruxa Salas e Erick Jiménez. Os artistas, acompañados da concelleira de Cultura, presentaron esta mañá no Salón de Plenos do Concello as dúas actuacións.
Así, o xoves ás 21 horas se representará no Claustro de San Francisco unha actuación que servirá de presentación para a gala que se celebrará, xa ao día seguinte, no Auditorio Municipal ás 21 horas.
A Gala forma parte dun proxecto cultural internacional, que fomenta o intercambio artístico entre América Latina e Europa. Nesta edición, contaremos coa presencia de artistas de seis países: Costa Rica, El Salvador, México, Italia e España, con catro coreografías en escena.
Dúas das obras que se presentarán son gañadoras do certame SóLODOS EN DANZA: “Etérea”, da compañía Los Innato de Costa Rica e “Diagrama de la Trayectoria del Sistema de Lorenz”, da compañía Pájaro Mosca de México. Ademáis, participará a coreógrafa italiana Marion Sparber, que presentará a súa peza “The Ripe and Ruin”.











