A Fundación de Deportes adxudica por 623,15 euros ao mes a explotación do bar do pavillón
A Fundación de Deportes decidiu hoxe adxudicar provisionalmente a explotación do bar-cafetería do complexo polideportivo de Fontecarmoa por un canon mensual de 623,15 euros, por ser a mellor da nove ofertas que chegaron á fase final do concurso público. A adxudicación faise por un período de dous anos, que poderán ser prorrogados por dous máis. Nos vindeiros días a Fundación requirirá ao adxudicatario a presentación de toda a documentación; se é correcta, a concesión se elevará a definitiva. Confíase en que a finais do mes de agosto o bar-cafetería poda entrar de novo en funcionamento, despois da renuncia do anterior concesionario e a convocatoria dun novo concurso, no mes de abril pasado.
Entre outras condicións, o adxudicatario ten que facerse cargo de dotar de mobiliario e maquinaria ao recinto e a facerse cargo da limpeza, ademais de asumir as tarifas que figuran no prego de cláusulas técnicas. O documento pode ser consultado na súa integridade no Perfil do Contratante (sección Fundación de Deportes) do portal municipal, www.vilagarcia.es.











