A Fundación de Deporte convoca o XII Torneo de Tenis de Verán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Fundación de Deportes vén de convocar o torneo de tenis que na súa edición número doce participa no programa xeral de actividades deportivas. A inscrición xa está aberta e pode realizarse na mesma sede da Fundación, en Fexdega. A intención do organismo que dirixe Elena Suárez é que este mesmo venres se poda facer público o calendario e que a competición comece o vindeiro luns, día 21.

O torneo é aberto, con carácter individual –non haberá parellas- e mixto –non se distinguirá entre masculino e feminino-.Se disputará nas pistas de Fontecarmoa, en xornadas de mañá e tarde. Establécense catro categorías: A, para os nados entre 2003 e 2008.; B, para os nados entre 1997 e 2002; C, para os de 1965 a 1996; e D, para os que naceron en 1964 ou antes.

14 de xullo de 2014 | 18:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.