A firma de moda Amichi abre unha nova tenda nas Cancelas
O centro comercial As Cancelas, xestionado por Carrefour Property en Santiago de Compostela, incorporou a firma Amichi á súa oferta en moda e complementos.
Fundada en 1982, Amichi é unha marca de recoñecido prestixio tanto a nivel nacional como internacional. A firma española especializada en moda feminina e masculina suma máis de 130 tendas propias e franquías repartidas por toda España e no estranxeiro. Con esta apertura, Amichi inaugura a súa segunda tenda en Santiago de Compostela e alcanza os 13 establecementos en toda Galicia.
A chegada de Amichi, que se incorpora cun local de máis de 140 m², súmase á extensa oferta de firmas de moda das Cancelas, no que se poden atopar as principais insignias do Grupo Inditex -Zara, Massimo Dutti, Bershka, Stradivarius, Pull & Bear, Lefties- e outros operadores de primeiro nivel como Primark, H&M, Sfera, Cortefiel, C&A, Shana, Springfield ou Suiteblanco.
Diseño Peluquerías
Diseño Peluquerías tamén escolleu recentemente As Cancelas para a apertura do seu novo local, de preto de 80 m², no que ofrece unha ampla gama de produtos e servizos específicos para o coidado e a beleza persoal.
Cunha traxectoria de máis de vinte anos, Diseño Peluquerías é unha firma consolidada en Santiago de Compostela, que se expandiu xa a municipios como Vilagarcía de Arousa, en Pontevedra, e que hoxe consolida o seu liderado abrindo unha tenda no principal centro comercial da capital galega.











