A Festa do Río sofre as consecuencias da falta de orzamento

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

O Concello de Monforte lamenta a decisión de non poder celebrar un ano máis a Festa do río debido a non ter aprobado o orzamento para o exercicio 2014.

As consecuencias de non ter aprobado un orzamento para o ano 2014 xa se están a reflectir non exclusivamente nos investimentos e nas Asociacións, senón tamén nalgunhas actividades que nos últimos anos tiñan dinamizado e revitalizado espazos de Monforte e viñan sendo un referente no calendario de actividades anuais.

A Festa do Río, que de maneira consecutiva durante os últimos 9 anos era un referente no mes de xullo e que atraia a numerosos visitantes, xa non poderá cumprir o seu décimo aniversario, esperando que en vindeiros anos a solución a estes problemas formais permita funcionar ao Concello con normalidade nestas e noutras accións que repercuten directamente nos servizos aos cidadáns.

O Concello agradece igualmente aos colaboradores habituais como o Club Quixós, o Club de Pesca de Monforte, a Sociedade de Pesca Val de Lemos e á Asociación de Hostaleiros (APEHL) a súa boa disposición en anos anteriores e incluso neste, pero o Concello non pode comprometerse xa que non existe partida orzamentaria consignada para este evento.

23 de xullo de 2014 | 18:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.