A Festa da Ameixa de Poio consume 40 quilos deste popular bivalvo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoio
A-
A+

A Concellaría de Turismo do Concello de Poio informa sobre a valoración da Festa da Ameixa celebrada os días 12 e 13 de xullo na localidade mariñeira de Campelo.

Este ano celebrouse a XXVII edición dunha festa gastronómica moi arraigada no noso municipio.

No que respecta as cifras acadadas durante estes dous días, consumíronse 40 kilos menos de ameixa que o pasado ano. Este descenso foi motivado principalmente polo bo tempo rexistrado durante todo o fin de semana e as ganas de praia da xente notáronse na afluencia de visitantes o ser este un dos primeiros fins de semana de verán da tempada estival.

No obstante, dende o Concello podemos facer unha valoración da festa bastante positiva ao superar en máis de 30 kilos as expectativas previstas inicialmente.

En canto ás racións consumidas nesta XXVII edición un 60 % do total corresponderon ás ameixas a mariñeira, un 26% ás ameixas con fideos e o resto ás ameixas con fabas.

No que respecta ó número de asistentes é importante destacar que a maior afluencia rexistrouse en horario de mañá tanto o sábado como o domingo sendo a mañá deste ultimo día a máis concurrida ao celebrarse os principais actos da Festa da Ameixa entre os que destacaron as homenaxes as mariscadoras xubiladas no ano anterior, a actuación da Banda de Música de Arcade , e da Coral e dos grupos folclóricos locales entre outros actos.

Dende a Concellaría de Turismo quérese dar dar un especial agradecemento ás persoas que traballaron no desenvolvemento dunha festa moi arraigada e recoñecida fora do noso municipio.

14 de xullo de 2014 | 12:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.