A feira de artesanía Mostrart cumprirá 30 anos festexándoo con vales para os coruñeses que naceron nas datas da súa creación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCalendarioLocal Portada
A-
A+

Mostrart, a feira de artesanía máis importante de Galicia, celebra o seu 30 aniversario do 1 ó 17 de agosto nos xardíns de Méndez Núñez da Coruña, ca participación de 54 expositores chegados de toda Galicia.

E para conmemorar esta data, a Asociación Galega de Artesáns, que promoveu no seu día a feira, e a sigue organizando dende entón, quere facer un agasallo a 30 coruñeses/as que naceron entre os días 1 e 15 de agosto de 1985, ambos incluídos, que foron os que durou a feira na súa primeira edición.

As persoas que naceron nesas datas, e que cumplirán 29 anos do 1 ó 15 de agosto próximos, recibirán un vale de 50 euros para comprar o que desexen na feira Mostrart 2014, só a cambio de facer unha foto de grupo na propia feira no día e hora que indicará a organización. Entregaránse un máximo de 30 vales para as primeiras 30 persoas que se poñan en contacto ca organización e que acrediten os datos necesarios.

As persoas que naceron nos días indicados deben de poñerse en contacto canto antes, e sempre con antelación o día 1 de agosto de 2014, ca Asociación Galega de Artesáns, a través do correo electrónico:asociacion@galegadeartesans.org ou chamando o teléfono 981 293 688 en horario de 9 a 14 h. de luns a venres.

Para beneficiarse deste agasallo é preciso acreditar o nacemento no Concello da Coruña e a data exacta, mediante DNI ou documento suficiente a criterio da organización.

11 de xullo de 2014 | 14:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.