A falta de vento protagoniza a terceira etapa do Trofeo Conde de Gondomar

Embarcacións desputando a proba
A falta de vento protagonizou a terceira xornada do XXXIX Trofeo Conde de Gondomar, que se disputa desde o pasado xoves nas Rías Baixas. A escasa forza do vento obrigou a atrasar a saída e dificultou o avance dalgúns veleiros, que quedaron parados en varios tramos do percorrido. Houbo ademais quen se viu obrigado a abandonar a proba.
A pesar de que non se deron as condicións máis propicias para a navegación, houbo tres barcos que foron capaces de alcanzar suficiente velocidade e separarse a gran distancia do resto da flota.
O Pairo liderou a proba durante practicamente todo o percorrido. A táctica de Laureano Wizner funcionou desde o primeiro momento e a súa tripulación púxose na cabeza nada máis pasar a a boia de desmarque. Unha vez que chegou a Cíes, o barco do Monte Real aproveitou moi ben un momento no que o vento aumentou de intensidade e afastouse aínda máis do resto da flota.
Tan só conseguiron achegarse á expectativa, aínda que sempre a certa distancia del, o Castrosúa de Willy Alonso e o Fifty de Rui Ramada, que percorreron boa parte do trazado en segunda e terceira posición. Finalmente, o Castrosúa logrou superalo, ser o primeiro en cruzar a liña de chegada e alzarse coa vitoria.
Na clase 2 destacou o Bosch de Ramón Ojea, que realizou unha fantástica subida a Cíes. As embarcacións máis pequenas, das clases 3 e 4, foron as que máis sufriron a escaseza de vento. Retiráronse todos os barcos salvo o Unus de Luís García Trigo e os J80, que navegaron xuntos encabezados polas Marías de Manuel María Cunha.
O XXXIX Trofeo Conde de Gondomar continúa mañá domingo coa Etapa O Corte Inglés, a última das probas previstas na competición. A partir do mediodía, a flota ao completo medirá as súas forzas nun barlovento-sotavento, un percorrido entre aboias no que será determinante a pericia das tripulacións. A distancia do percorrido dependerá das condicións de vento e mar.











