A Eurocidade Chaves-Verín participa no concurso de vídeos “Cuestións fronteirizas, solucións de fronteira”
O próximo 21 de setembro, a Comisión Europea organiza o Día da Cooperación Europea, a través de varios eventos na Unión Europea. Para este fin, foi lanzado o concurso de vídeos “Border issues, border solutions” (“Cuestións fronteirizas, solucións de fronteira”), aberto a proxectos e programas europeos de cooperación europea.
A Eurocidade Chaves-Verín AECT concorreu co vídeo “Semana da Educación e Seguridade Viaria”, unha iniciativa realizada nos municipios de Chaves e Verín co obxecto de sensibilizar a poboación de ambos municipios, especialmente aos máis novos, das diversas formas correctas de comportamento en educación e seguridade viaria. Durante o mesmo amósanse imaxes das actividades realizadas dentro da “Semana da Educación e Seguridade Viaria” como relatorios, seminarios, exposicións, circuítos viarios, representacións teatrais ou exhibición de medios, entre outros. Para poder apoiar a iniciativa da Eurocidade Chaves-Verín AECT é necesario votar o vídeo na páxina do Día da Cooperación Europea, antes do 15 de agosto, ao que se pode acceder desde o seguinte link: http://voting.ecday.eu/113486
Esta iniciativa está enmarcada dentro do ‘Proxecto de Educación e Seguridade Viaria da Eurocidade Chaves-Verín’ que pretende servir de laboratorio de boas prácticas para outras zonas fronteirizas da Comunidade Europea, así como unir esforzos, intercambiar experiencias, dar maior solidez á cooperación transfronteiriza existente, fomentando a realización de controis de seguridade conxuntos entre as forzas e corpos de seguridade lusos e españois, e sensibilizar aos/ás cidadáns/nas das actitudes idóneas para reducir o número de accidentes de tráfico nesta zona transfronteiriza habitada por máis de 60.000 persoas.
Devandito proxecto nacido no ano 2009 e motivado pola adhesión á Carta Europea de Seguridade Viaria, conseguiu un dos galardóns dos ‘Premios de Excelencia en Seguridade Viaria’, entregados pola Comisión Europea aos seis compromisos máis destacados de 2010 na Carta Europea da Seguridade Viaria, e inclúe á realización de accións concretas como: charlas-coloquios dirixidas a grupos de risco -alumnos/as de centros educativos, embarazadas, 3ª Idade e persoas con discapacidade ou mobilidade reducida-, promoción de cursos de educación viaria anuais co obxectivo de indicar cal debe ser o comportamento como peón, pasaxeiro e condutor; eliminación de barreiras arquitectónicas, ou mantemento e reposición de sinais de tráfico, entre outras.











