A Estrada recibe da Deputación un total de 492.730 euros para o arranxo e mellora de 15 camiños rurais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA EstradaPontevedra
A-
A+

A Deputación de Pontevedra aprobou hoxe, na súa Xunta de Goberno, conceder ao Concello da Estrada unha subvención de 492.730 euros para mantemento de infraestruturas e servizos municipais.

A axuda concedida irá destiñada á mellora e acondicionamento dos seguintes camiños rurais: Loimil-Igrexa-N 525; Ancorados-Igrexa-Gontén; Olives-Fraiz; Pardemarín-Parada-Igrexa; Vilaboa-Codeseda; Baloira-Montoiro; San Andrés de Vea-Ramiráns-Escola; Cora-Cora; Santeles-Paradela; Moreira-A Pica-Marque; Liripio-Meavia; Ribela-Liripio; San Xurxo de Vea-Igrexa; Berres-EP 7017-Porto; e Paradela-Igrexa.

O Concello de A Estrada tén unha superficie de 281 km2, 21.464 habitantes e unha densidade de 76,17 hbs/km2. O seu hábitat é diseminado en 51 parroquias e 478  lugares. No casco viven 8.479 habitantes (39,5%) e no rural 12.985 (60,5%).

Esta particularidade xeográfica e de dispersión de poboación fai necesario manter os camiños rurais con garantías para o transporte escolar, pois hai 4 agrupacións nas zonas rurais, facilitar accesos a núcleos, mellorar a seguridade vial, conectar as vías rurais coas principais, etc.

A axuda da Deputación enmárcase no Plan de Usos e Servizos e Infraestruturas Municipais (PUSIM) do ano 2014.

24 de xullo de 2014 | 16:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.