A escola de gaita, pandeireta e baile tradicional de Brión e a A.C. Rosalía de Castro protagonizan o Festival Folclórico de Brión

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBriónCalendario
A-
A+

O Concello de Brión organiza este domingo 20 de xullo, a partir das 21:00 horas, unha nova edición do Festival Folclórico de Brión. Un festival no que participarán os alumnos e alumnas da escola municipal de gaita, pandeireta e baile tradicional de Brión e a Asociación Cultural Rosalía de Castro, de Padrón.

A actuación terá lugar o domingo, ás 21:00 horas, na praza do Concello de Brión. En caso de choiva, a actuación trasladaríase ao auditorio do centro social polivalente de Pedrouzos. En ambos casos, a participación é libre e de balde.

16 de xullo de 2014 | 12:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.