A empresa Espectáculos Torres ofreceuse a organizar as festas do Sacramento en Sigüeiro
O Concello de Oroso informa de que a empresa local Espectáculos Torres ofreceuse como parte colaboradora para a organización das festas do Sacramento de Sigüeiro, que tradicionalmente teñen lugar o último domingo de agosto. Unhas festas que non se ía celebrar logo da disolución da comisión de festas de San Andrés de Barciela-Sigüeiro, que os membros da comisión xustificaron “debido á escasez de colaboración por parte da meirande parte do veciñado”.
O Concello de Oroso informa aos veciños, veciñas e establecementos comerciais e hostaleiros da capital municipal de que Espectáculos Torres tomará o relevo da comisión de festas de San Andrés de Barciela-Sigüeiro para tentar preparar un programa de actividades para o próximo 31 de agosto. Finalmente, o Concello de Oroso agradece o xesto altruísta desta empresa local de afrontar o desafío de organizar unhas festas de tanta tradición en Sigüeiro e con tan pouca marxe de tempo.











