A Domus acolle a conferencia ‘A vida nun poboado castrexo: unha visión etnoarqueolóxica’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O investigador do CSIC Alfedro González Ruibal ofrecerá mañá, xoves 3 de xullo, na Domus, a partir das 20.00 horas, a conferencia A vida nun poboado castrexo: unha visión etnoarqueolóxica.

González Ruibal dará unha visión do que sería a vida nun poboado galaico desde unha perspectiva etnoarqueolóxica. A charla pecha o ciclo de conferencias que se celebrou na Domus con motivo da exposición A cerámica castrexa en Galicia, que presenta unha colección de réplicas de cerámicas procedentes dunha vintena de xacementos de castros galegos, incluíndo o Castro de Elviña da Coruña. A entrada á conferencia é libre e gratuíta, até completar aforamento.

2 de xullo de 2014 | 13:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.