A Deputación de Pontevedra inicia un Plan Complementario Diúrno na gardaría de Príncipe Felipe

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O vindeiro curso 2014-2015, a Deputación de Pontevedra porá en marcha o Plan Complementario Diúrno da Escola  Infantil de 0 a 3 anos de Príncipe Felipe, según anunciou hoxe no acto de clausura do ano escolar a deputada Marta Iglesias.

O Plan Complementario Diúrno responde a unha crecente demanda das familias que traballan pola tarde, teñen fillos de ata 8 anos e non atopan centros educativos con horario ata as 21  horas.

Marta Iglesias clausurou hoxe o curso da Escola de 0 a 3 anos que contou con 100 alumnos ao longo do ano. O centro tivo un horario de 7 da mañá ata as 22,30 horas os doce meses do ano. O acto de clausura e de graduación dos alumnos foi unha homenaxe ás películas de Walt Disney. Actuaron varios alumnos e profesores.

Este centro de bebés de Príncipe Felipe permite conciliar a vida laboral e familiar para as familias que traballan a turnos en centros comerciais, supermercados, hospitais, centros de saúde, polígonos industriais, etc.

A Escola conta con 11 educadoras, unha persoa de servizos xerais e unha directora.

31 de xullo de 2014 | 17:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.