A Deputación de Pontevedra concede 61.000 euros a Moraña para urbanizar e construír aparcadoiros no contorno do Centro de Saúde de Santa Lucía
A Deputación de Pontevedra concedeu unha subvención de 61.098 € ó Concello de Moraña para urbanizar e construír aparcadoiros no contorno do Centro de Saúde de Santa Lucía.
Con esta axuda o Concello instalará unha beirarrúa nunha das marxes da vía de acceso ó Centro de Saúde e asfaltará e delimitará a explanada do aparcadoiro situado ó norte.
En definitiva, trátase de ordenar e humanizar un lugar céntrico e moi utilizado pola poboación, así como o seu contorno.