A Deputación de Pontevedra concede 178.194 euros á Guarda para renovar dez vías do municipio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA GuardaPontevedra
A-
A+

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou onte unha subvención de 178.194 € destinada ó Concello da Guarda para renovar e mellorar dez vías da capital municipal.

En concreto, trátase da travesía A Cruz, a rúa A Cruz, o camiño de Codesal, o camiño de Silveira, a vía dos colexios da Sangriña, a rúa Irmáns Noia Xil, a transversal Os Bechos, a travesía Solanas, o camiño da Barreira e o camiño Netos Buxán.

Instalarase en todas elas un novo pavimentado. Na medida do posible os traballos de urbanización executaranse en convivencia co uso da rúa.

10 de xullo de 2014 | 17:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.