publicidade hoxe

A Deputación da Coruña inviste 100.000 euros na renovación do campo de fútbol de Aranga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaAranga
A-
A+

O presidente da Deputación, Diego Calvo, visitou esta mañá as novas instalacións do campo de fútbol municipal de Aranga renovado con fondos provinciais. Preto de 100.000 euros se investiron neste proxecto que permitirá gozar a “pequenos e maiores” non só do municipio senón tamén de concellos limítrofes.

Así na visita, Calvo estivo acompañado polo alcalde de Aranga, Alberto Platas, e por outros rexedores da comarca que tamén se verán beneficiados pola renovación. Platas agradeceu o compromiso do ente provincial con este proxecto que permitirá mellorar a calidade de vida dos veciños.

Ademais, dos rapaces da zona, que xa realizan alí actividades extraescolares coma os campamentos deportivos, outro grande beneficiado será o Club Xuventude de Castellana, que tamén estivo presente na presentación.

Partidas

En concreto a Deputación da Coruña destinou 32.691 euros a través dun convenio para o peche do recinto, o que supuña o 80% do orzamento total. Deste modo impídese o acceso dos animais ao campo.

Ademais, con cargo ao plan DTC 94 (Unha deputación para todos os concellos),  sufragouse tamén a renovación completa das instalacións, incluídas as infraestruturas e a nova herba.

29 de xullo de 2014 | 17:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.