A Deputación da Coruña clausura o primeiro dos seus campamentos deportivos
A Deputación finaliza a primeira quenda dos campamentos deportivos organizados este ano. Os rapaces nados entre os anos 2000 e 2004 puideron realizar durante unha semana distintas actividades deportivas e de ocio, como paseos a cabalo, piragüismo, voleibol, batuca, capoeira ou tenis, entre moitos outros.
O sábado celebrouse a clausura deste campamento coa entrega de diplomas, camisetas e gorras no colexio Calvo Sotelo e contou coa presenza da vicepresidenta da Deputación, Mariel Padín.
Nesta primeira quenda participaron nenos dos concellos de: A Pobra do Caramiñal, Ames, Arzúa, Boimorto, Boiro, Boqueixón, Brión, Cerceda, Culleredo, Dodro, Frades, Lousame, Melide, Mesía, O Pino, Ordes, Oroso, Padrón, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Rois, Santiago de Compostela, Santiso, Sobrado, Teo, Toques, Touro e Vedra.
Ademais, o domingo comezou xa a segunda quenda con rapaces de: A Capela, Aranga, Ares, As Pontes G.R., As Somozas, Bergondo, Betanzos, Cabanas, Cambre, Cariño, Cedeira, Cerdido, Coirós, Curtis, Fene, Ferrol, Irixoa, Mañón, Miño, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, Oza-Cesuras, Paderne, Pontedeume, Sada, San Sadurniño, Valdoviño, Vilarmaior e Vilasantar.
O último prazo será do 13 ao 19 de xullo e participarán os concellos de: A Baña, A Coruña, A Laracha, Arteixo, Abegondo, Cabana Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Carral, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muros, Muxía, Negreira, Noia, Oleiros, Outes, Ponteceso, Santa Comba, Tordoia, Trazo, Val do Dubra, Vimianzo e Zas.











