A Coruña mellora a mobilidade en Galileo Galilei cun investimento próximo ao millón de euros
O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, visitou esta mañá a rúa Galileo Galilei, acompañado por representantes da Asociación de Empresarios de Agrela, tras a recente remodelación acometida nos últimos 14 meses: “Os traballos supoñen un antes e un despois na mobilidade da zona, grazas a unha reforma viaria na que investimos case un millón de euros”, destacou o acalde, quen incidiu en que esta remodelación permite aforrar tempos ás empresas e mellorar a sustentabilidade.
Os traballos, que supuxeron actuar nun quilómetro de vía, permiten mellorar a fluidez circulatoria grazas á apertura de dous novos carrís, mellorar a seguridade viaria nas interseccións a través de da implantación de dúas novas glorietas, mellorar a accesibilidade peonil con beirarrúas continuas e sen barreiras e mellorar o estado da calzada coa reposición de firmes. Ademais, creáronse 30 novas prazas de estacionamento en batería en Severo Ochoa e mellorouse o grao lumínico da rúa, a drenaxe e o saneamento.
“Trátase de mellorar todas as infraestruturas e servizos co obxectivo de que A Grela sexa un barrio máis da cidade”, subliñou o alcalde, quen lembrou outras actuacións que, con este obxectivo, realizáronse na zona, como a reparación de 1.500 metros cadrados de beirarrúas, melloras en sinalización vertical ou na conectividad co resto da cidade a través da futura posta en marcha dunha liña circular que conectará os polígonos da Grela e Pocomaco co resto de servizo urbano de bus ou a reordenación da liña 11 para que se penetre na Grela.
O alcalde finalizou agradecendo á Asociación de Empresarios Agrela a súa colaboración en todas e cada unha das accións que se pon en marcha na zona e avanzou que se seguirá traballando na mellora deste barrio.











