A Coruña celebra a XLIII Travesía a nado ao dique Barrié da Maza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDeportes
A-
A+

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Deportes que dirixe Francisco Mourelo, informa da celebración, este venres 25 ás 12.00 horas, da XLIII Travesía a nado ao dique Barrié da Maza.

A proba, incluída no XI Circuíto galego de augas abertas, está organizada polo Club Natación Coruña e a Federación Galega de Natación, coa colaboración do Concello da Coruña. A travesía é aberta e poden participar tanto nadadores federados como afeccionados. Ademais, os 10 primeiros federados clasificados masculinos e femininos puntúan para o circuíto galego.

Os interesados deberán dirixirse ao Club Natación Coruña (Paseo do Parrote s/n La Solana 15001 A Coruña) a través de teléfono, fax ou correo electrónico (dique14\<sent\>cncoruna.com), cubrindo o Boletín de Inscrición. No momento de apuntarse, abonarase o importe de 5 euros. Entregaranse trofeos aos tres primeiros clasificados de cada categoría e todos os participantes recibirán unha camiseta conmemorativa. Na pasada edición, participaron 172 nadadores polo que se espera superar os 200 nesta ocasión.

23 de xullo de 2014 | 12:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.