publicidade hoxe

A comisión municipal de Urbanismo de Neda dictamina favorablemente o PXOM previo paso por pleno

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

Novo paso adiante no proceso de aprobación do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Neda. Esta mañá, a Comisión Municipal de Urbanismo dictaminaba favorablemente o documento nunha reunión que recibía os votos positivos do grupo de goberno e a abstención das formacións na oposición, PSOE e IU. Agora, o seguinte trámite previsto será levar o plan a pleno para sometelo á súa aprobación provisional. A sesión, de carácter extraordinario, celebraráse previsiblemente na última semana do presente mes de xullo. En liñas xerais, o PXOM adapta o planeamento ao novo marco normativo a todas aquelas leis e normas que se foron aprobando nos últimos anos, como a vixente Lei do Solo. Así mesmo, afianzaránse zonas de chan urbano, completándoo con áreas periurbanas que se foron engadindo ao tecido urbano a pesares de que na actualidade non teña esa calificación. Adáptanse os núcleos rurais ao novo marco normativo e establécense novas delimitacións dando solución á realidade existente (incorpóranse aos núcleos edificacións construídas en base á anterior Lei do Solo e que agora están fóra de ordeación).

De igual xeito, téntase conectar os núcleos rural e urbano limítrofes (un todo continuo, evitando fracturas artificiais) e proxéctase unha bolsa de solo industrial de baixa densidade para dar solución a un problema puntual de Neda como é o estacionamento de vehículos pesados (unha flota duns 150 rexistrados) e a posible implantación de industria lixeira. O documento pretende revisar e actualizar a relación de edificios catalogados, incorporando elementos menores. Nos actuais solos urbanizables facilítase o seu desenvolvemento ao tratalos como áreas de reparto e búscase solución ao solo sen clasificar. Ampliaránse as reservas de solo para uso dotacional e zonas verdes ata cumplir cos estándares da nova Lei do Solo (na actualidade, Neda conta cunha quinta parte do esixido) e adáptase o planeamento ás directrices da Lei do Litoral e ás Directrices de Ordenación do Territorio.

14 de xullo de 2014 | 18:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.