A Comisión de Pleno ditamina favorablemente os orzamentos do Concello de Ourense
A Comisión de Pleno do Concello de Ourense ditaminou favorablemente na súa xuntanza desta mañá o proxecto de orzamentos do Concello de Ourense para o presente ano 2014. O ditame recibiu os votos favorables do grupo de goberno, do PSdeG_PSOE, e abstención dos restantes grupos políticos (PP, BNG e DO). O proxecto e as emendas presentadas polos grupos políticos da oposición serán presentados a aprobación por parte do Pleno do Concello nunha sesión extraordinaria que terá lugar a próxima semana, probablemente, o vindeiro martes, día 15 de xullo.
O proxecto de orzamentos foi ditaminado favorablemente cos votos favorables do grupo de goberno do PSdeG-PSOE. En canto ás emendas dos grupos da oposición, cada un deles votou a favor das súas propias emendas, absténdose nas dos demais.











