A Casa da Cultura de Redondela foi escenario da presentación da ShoppingNight do comercio local

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRedondela
A-
A+

O vindeiro venres 1 de agosto a partir das 21 horas e ata a 1 da madrugada o Comercio de Redondela abrirá as súas portas na I edición da ShoppingNight do Comercio de Redondela.

Esta primeira edición, que se fará coincidindo co XV Festival Internacional de Artistas de Rúa, contará con descontos que poderán ser nalgúns casos de ata o 70%, pero non só haberá descontos, o Comercio de Redondela, ofrecera música con DJ´s nos establecementos e nas rúas, demostracións de novas tecnoloxías, avances da nova tempada, cócteles, aperitivos e unha gran variedade de actividades dentro dos propios establecementos comerciais.

Preto de 50 establecementos serán os que ampliarán o seu horario habitual, chegando ata a 1 da madrugada do sábado para ofrecer e dar a coñecer o seus negocios dunha forma diferente, cunha decoración e un ambiente diferente, para este inicio do mes de Agosto.

29 de xullo de 2014 | 16:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.