publicidade hoxe

A Carpa Xplora Xuventude difundirá en Arzúa e Toques os recursos para a mocidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArzúaToquesXuventude
A-
A+

A Carpa Xplora Xuventude, organizada pola Consellería de Traballo e Benestar, difundirá hoxe entre a mocidade de Arzúa e Toques os recursos e programas dirixidos á mocidade. Ademais, na instalación facilitarase asesoramento por parte de técnicos especializados a aqueles mozos e mozas que estean interesados.

En Arzúa, esta instalación estará ubicada entre as 12,00 e as 14,00 horas xunto á piscina municipal. Pola súa banda, en Toques, estará emprazada no Souto, entre as 16,00 e as 18,00 horas.

O obxectivo desta iniciativa é de achegarse aos mozos e mozas a pé de rúa, aproveitando eventos con gran afluencia de público mozo.

A campaña desenvólvese por toda Galicia entre os meses de xuño, xullo, agosto e setembro. Durante estes meses, os técnicos da Rede galega de dinamización xuvenil percorrerán 110 localidades da xeografía galega.

Cabe destacar que ademais de información de interese, estas carpas pretende ofrecer un espazo aos grupos de mozos e mozas e entidades xuvenís no que poidan amosar as actividades e propostas que levan a cabo, servindo como escaparate do talento xuvenil.

28 de xullo de 2014 | 11:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.