publicidade hoxe

A Carpa Xplora Xuventude chega a Rianxo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRianxo
A-
A+

Maña mércores 30 de xullo estará instalada na Praza Castelao a carpa Xplora Xuventude, na que se difundirán os recursos e programas existentes dirixidos á mocidade e se facilitará asesoramento por parte de técnicos especializados, en temáticas tan importantes como o emprego, a formación, a saúde, vivenda, …

Esta instalación estará ubicada entre as 11,00 e as 14,00 horas na Praza Castelao, diante da Casa do Concello.

Esta campaña, organizada pola Consellería de Traballo e Benestar, desenvólvese por toda Galicia entre os meses de xuño, xullo, agosto e setembro.

Durante estes meses, os técnicos da Rede galega de dinamización xuvenil percorrerán 110 localidades da xeografía galega.

29 de xullo de 2014 | 13:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.