A carpa Xplora Xuventude chega a Cangas para difundir os recursos dispoñibles para a mocidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

A carpa Xplora Xuventude chega esta tarde a Cangas. Trátase dunha iniciativa da Consellería de Traballo e Benestar que ten como obxectivo dar a coñecer á mocidade galega os recursos e programas dos que dispoñen, ao tempo que contan con asesoramento de técnicos especializados.

A carpa estará emprazada na Praza das Pontes, e entre as 17,00 e as 19,30 horas estará aberta ao público.

Trátase dunha campaña que se está a desenvolver por toda Galicia, durante os meses de verán. Deste xeito, ata setembro, os técnicos da Rede galega de dinamización xuvenil percorrerán un total de 110 localidades da xeografía galega.

Cabe destacar que ademais de información de interese, estas carpas pretenden ofrecer un espazo aos grupos de mozos e mozas e entidades xuvenís no que poidan amosar as actividades e propostas que levan a cabo, servindo como escaparate do talento xuvenil.

21 de xullo de 2014 | 11:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.