A carpa Xplora de Xuventude visita a piscina de Ribadumia
Como cada verán o entorno de Cabanelas convértese no lugar escollido polos mais xoves para pasar o tempo libre e por este motivo e o lugar elixido pola Carpa Xplora Xuventude para dar a coñecer os recursos e programas dirixidos os mais xoves, e para facilitarlles asesoramento por parte de técnicos especializados.
A actividade, organizada pola Consellería de Traballo e Benestar, estará emprazada na piscina municipal de Cabanelas entre as 16:00 e as 18:00 horas.
Ademais de información de interese, a carpa pretende ofrecer un espazo aos grupos de mozos e mozas e entidades xuvenís no que poidan amosar as actividades e propostas que levan a cabo, servindo como escaparate do talento xuvenil.
XOVES ANIMADOS
O Concello de Ribadumia tamén inaugura mañá o seu programa “Xoves animados”, unha cita de ocio e de recreo os nenos e nenas tódolos xoves dos meses de xullo e agosto. O punto de encontro será a praza do Concello a partir das 20:30, alí os mais cativos poderán disfrutar dos xogos de presentación e equipo coordinados por dous monitores de tempo libre. Con esta medida, desde o Concello de Ribadumia pretende ofertar un sustitutivo a función socializadora do patio de colexio durante as vacacións de verán.











