A Carpa Xplora de Xuventude visita A Baña para dar a coñecer os recursos para a mocidade
A Carpa Xplora Xuventude achégase hoxe ata A Baña (A Coruña) co fin de que os mozos e mozas galegos poidan coñecer os recursos e programas dirixidos a eles, e para facilitarlles asesoramento por parte de técnicos especializados.
A actividade, organizada pola Consellería de Traballo e Benestar, estará emprazada no Lugar de Eiroa ata as 14,00 horas.
A campaña desenvólvese por toda Galicia entre os meses de xuño, xullo, agosto e setembro. Durante estes meses, os técnicos da Rede galega de dinamización xuvenil percorrerán 110 localidades da xeografía galega.
Cabe destacar que ademais de información de interese, estas carpas pretende ofrecer un espazo aos grupos de mozos e mozas e entidades xuvenís no que poidan amosar as actividades e propostas que levan a cabo, servindo como escaparate do talento xuvenil.